Hoxe publicouse no DOG a orde que regula o «Bono autónomo»
(ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017)
Persoas Beneficiarias:
Persoas traballadoras autónomas con residencia e domicilio fiscal en Galicia que teñan unha antigüidade na realización da actividade empresarial ou profesional superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido declarado no IRPF inferior a 30.000 euros anuais e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) declarados no ano 2016
Quedan excluídos os autónomos colaboradores e os traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADE)
Importe da Subvención:
Bono de 3.000 euros
Gastos subvencionables:
- Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
- Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.
Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.
Os gastos deberán ser realizados durante o período do 1 de agosto de 2017 ata o 20 de decembro de 2017.
Documentación:
- As solicitudes deberanse presentar nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona:
- a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.
- b) Memoria descritiva do servizo/actividade solicitada na cal consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da mellora competitiva (no modelo anexo I).
- c) Certificación da entidade prestadora do servizo/actividade na cal conste a súa idoneidade para a súa prestación e o contido da dita prestación.
- d) No caso de estar realizado o servizo, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, factura pro forma (no modelo anexo II).
Anticipos de pagamento:
- a) Anticiparase ata o 100 % do importe da subvención concedida.
- b) Os beneficiarios quedarán exonerados da constitución de garantía.
Obrigas das persoas beneficiarias:
- Permanecer de alta no RETA durante un tempo mínimo de dous anos desde a solicitude de subvención, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar de maneira fidedigna.
- Estar ó corrente nas súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia, tanto no momento de percibir o anticipo como no momento que se acorde a resolución de pagamento definitiva (unha vez xustificado o gasto)
Prazo de solicitude:
Dende o día 1 de agosto de 2017
Prazo de xustificación:
Ata o 20 de decembro de 2017
Enlace ó DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170731/AnuncioG0424-170717-0002_gl.html
Add Comment