Subvención Bono Autónomo

Subvención Bono Autónomo

Hoxe publicouse no DOG a orde que regula o «Bono autónomo»

(ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017)

Persoas Beneficiarias:

Persoas traballadoras autónomas con residencia e domicilio fiscal en Galicia que teñan unha antigüidade na realización da actividade empresarial ou profesional superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido declarado no IRPF inferior a 30.000 euros anuais e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) declarados no ano 2016

Quedan excluídos os autónomos colaboradores e os traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADE)

Importe da Subvención:

Bono de 3.000 euros

Gastos subvencionables:

  • Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
  • Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.

Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.

Os gastos deberán ser realizados durante o período do 1 de agosto de 2017 ata o 20 de decembro de 2017.

Documentación:

  1. As solicitudes deberanse presentar nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona:
  2. a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.
  3. b) Memoria descritiva do servizo/actividade solicitada na cal consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da mellora competitiva (no modelo anexo I).
  4. c) Certificación da entidade prestadora do servizo/actividade na cal conste a súa idoneidade para a súa prestación e o contido da dita prestación.
  5. d) No caso de estar realizado o servizo, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, factura pro forma (no modelo anexo II).

Anticipos de pagamento:

  1. a) Anticiparase ata o 100 % do importe da subvención concedida.
  2. b) Os beneficiarios quedarán exonerados da constitución de garantía.

 

Obrigas das persoas beneficiarias:

  • Permanecer de alta no RETA durante un tempo mínimo de dous anos desde a solicitude de subvención, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar de maneira fidedigna.
  • Estar ó corrente nas súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia, tanto no momento de percibir o anticipo como no momento que se acorde a resolución de pagamento definitiva (unha vez xustificado o gasto)

Prazo de solicitude:

Dende o día 1 de agosto de 2017

Prazo de xustificación:

Ata o 20 de decembro de 2017

 

Enlace ó DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170731/AnuncioG0424-170717-0002_gl.html

Add Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies